O CONSEJO GENERAL DEL NOTARIADO, en liña co seu compromiso de favorecer a integración das persoas con discapacidade, incluíndo persoas con minusvalías físicas ou cognitivas, e independentemente dos dispositivos tecnolóxicos empregados para acceder á información, traballou conforme ás Directrices de Accesibilidade definidas polo grupo de traballo permanente Web Accessibility Initiative (WAI), do Consorcio para a World Wide Web (W3C).
O sitio do Portal Notarial do Cidadán foi desenvolvido utilizando XHTML (eXtensible Hypertext Markup Language) e follas de estilo cumprindo, na medida do posible, coas validacións XHTML 1.0 e CSS (Cascading Style Sheets) do W3C.
Entre as principais medidas adoptadas para garantir a accesibilidade, están as seguintes:
Tamaño do texto. As fontes utilizadas teñen dimensións relativas, de forma que o usuario pode controlar o seu tamaño desde o navegador que estea a empregar.
Deseño, navegación e interactividade. Tratouse de conseguir unha navegación coherente en todo o sitio web, seguindo os mesmos esquemas estruturais en todas as páxinas.
O Portal Notarial do Cidadán está dispoñible para os seguintes navegadores:
-
Chrome
-
Firefox
-
Microsoft Edge
-
Safari
Podes acceder utilizando un PC, Mac, móbil ou tableta.