AVISO LEGAL
1. Información Legal
O CONSELLO XERAL DO NOTARIADO é o titular da web https://www.portalnotarial.es (en diante, “o Sitio Web”), constituído baixo a forma legal de Corporación de Dereito Público, con domicilio en C/ Silvano, nº 55, 28043 Madrid, telf. 91-3087232, fax 91-3087053, CIF: Q2863008E./p>
2. Condicións de uso e acceso
O presente “Aviso Legal” regula o uso do servizo do Portal Notarial do Cidadán do CONSELLO XERAL DO NOTARIADO (en diante, “o Sitio Web”) que se pon a disposición dos Usuarios.
A utilización do Sitio Web e dos seus contidos atribúe a condición de Usuario do mesmo (en diante, “o Usuario”) e implica a aceptación de todas e cada unha das condicións incluídas no presente Aviso Legal, na versión publicada no momento en que se acceda ao mesmo. O Usuario comprométese a facer un uso dilixente do Sitio Web, de acordo coa Lei e o presente Aviso Legal. O Usuario debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións nas que se propoña utilizar o Sitio Web, posto que as condicións de uso poderán sufrir modificacións.
O acceso ao Sitio Web é gratuíto salvo no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións subministrada polo provedor de acceso contratado polo Usuario.
O CONSELLO XERAL DO NOTARIADO resérvase o dereito a interromper en calquera momento e sen previo aviso o acceso ao Sitio Web, así como a interromper a prestación de calquera ou de todos os servizos que se presten a través do mesmo, xa sexa por motivos técnicos, de seguridade, de mantemento, por fallos no subministro eléctrico ou por calquera outra causa. Dita interrupción poderá ter carácter temporal ou definitivo.
O CONSELLO XERAL DO NOTARIADO non garante a fiabilidade nin a dispoñibilidade do seu Sitio Web, polo que a utilización do mesmo por parte do Usuario lévase a cabo pola súa propia conta e risco.
O uso do contrasinal é persoal e intransferible. O Usuario comprométese a facer un uso dilixente e a mantelo en segredo, asumindo toda responsabilidade polas consecuencias da súa divulgación a terceiros.
3. Obxecto
O presente Sitio Web ten por obxecto dar a coñecer a todos os Usuarios a información dos servizos ofrecidos polo Portal Notarial do Cidadán do CONSELLO XERAL DO NOTARIADO, podendo modificarse en calquera momento e sen previo aviso, o deseño, a presentación ou a configuración do Sitio Web, así como os seus contidos.
4. Formularios de recollida de datos
A utilización de certos servizos ou solicitudes ao CONSELLO XERAL DO NOTARIADO estarán condicionadas á previa cumprimentación do correspondente rexistro de Usuario mediante formularios.
Toda a información que facilite o Usuario a través dos formularios do Sitio Web para os efectos anteriores ou calquera outros deberá ser veraz. Para estes efectos, o Usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique e manterá actualizada a información facilitada, sendo responsable da información falsa ou inexacta que realice e dos prexuízos que cause ao CONSELLO XERAL DO NOTARIADO.
5. Introdución de ligazóns ao Sitio Web
O Usuario que introduza ligazóns desde as súas propias páxinas ao Sitio Web deberá cumprir coas seguintes condicións:
-
A ligazón unicamente vinculará coa home page ou páxina principal do Sitio Web pero non poderá reproducila de ningunha forma (copia de textos, gráficos, etc.).
-
Queda prohibido, de acordo coa lexislación vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan ao Sitio Web ou permitan a visualización dos contidos a través de enderezos de Internet distintos aos do Sitio Web e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos ao Sitio Web de forma que:
-
produza, ou poida producir, erro, confusión ou engano nos Usuarios sobre a verdadeira procedencia do servizo ou contidos;
-
supoña un acto de comparación ou imitación desleal;
-
resulte prohibido pola lexislación vixente.
-
-
O Sitio Web que insira a ligazón non poderá realizar ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre o CONSELLO XERAL DO NOTARIADO, os seus membros, e en xeral do corpo notarial.
-
En ningún caso se expresará no Sitio Web onde se sitúe a ligazón que o CONSELLO XERAL DO NOTARIADO prestou o seu consentimento para a inserción da ligazón ou que doutra forma patrocina, colabora ou verifica os servizos do autor da ligazón.
-
O Sitio Web que estableza a ligazón cumprirá coa lei e non poderá en ningún caso dispoñer ou enlazar con contidos propios ou de terceiros que:
-
sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e ás boas costumes (pornográficos, violentos, racistas, etc.);
-
induzan ou poidan inducir no Usuario a falsa concepción de que o CONSELLO XERAL DO NOTARIADO subscribe, respalda, adhírese ou de calquera maneira apoia, as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, do remitente;
-
resulten inapropiados coa actividade do CONSELLO XERAL DO NOTARIADO en relación ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente.
-
6. Propiedade industrial e intelectual
Toda a información contida neste Sitio Web así como o deseño gráfico, imaxes, códigos fonte, marcas, nomes comerciais, denominacións, artigos, informes, etc., están suxeitos aos dereitos de propiedade intelectual e industrial do CONSELLO XERAL DO NOTARIADO ou de terceiros.
Baixo ningún suposto, o acceso ao Sitio Web supón a renuncia, transmisión, cesión ou licenza total ou parcial de ditos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, nin confire ningún dereito de utilización, tradución, adaptación, alteración, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública, con fins comerciais, de ditos contidos sen a previa e expresa autorización do CONSELLO XERAL DO NOTARIADO ou do terceiro titular dos dereitos afectados. Quedan a salvo os dereitos do Usuario de visualizar e obter unha copia na memoria caché do ordenador do Usuario, como reprodución transitoria e accesoria, sen que en ningún caso estea autorizado para comunicar a mesma a terceiros.
A infracción de calquera dos citados dereitos pode constituír unha vulneración das presentes disposicións, así como un delito castigado de acordo cos artigos 270 e seguintes do Código Penal.
7. Responsabilidade
O CONSELLO XERAL DO NOTARIADO non será responsable no caso de que existan interrupcións do servizo, demoras, erros ou mal funcionamento do dito servizo que teñan a súa orixe en causas alleas ao mesmo ou debidas a unha actuación dolosa ou culposa do Usuario, ou a causa de forza maior. Son causas de forza maior fallos de terceiros, operadores ou compañías de servizos, falta de acceso a redes de terceiros, actos ou omisións das autoridades públicas, actos producidos como consecuencia de fenómenos naturais, apagóns, etc., e o ataque de hackers ou terceiros especializados á seguridade ou integridade do sistema informático, sempre que o CONSELLO XERAL DO NOTARIADO adoptase todas as medidas de seguridade existentes de acordo co estado da técnica.
En calquera caso, sexa cal sexa a súa causa, o CONSELLO XERAL DO NOTARIADO non asumirá responsabilidade algunha xa sexa por danos directos ou indirectos, dano emerxente e/ou por lucro cesante.
O CONSELLO XERAL DO NOTARIADO non se responsabiliza de contidos e opinións de terceiros vertidos no seu Sitio Web nin da información contida nas páxinas Web de terceiros ás que se poida acceder por ligazóns ou buscadores do Sitio Web, posto que a función destas é informar ao Usuario sobre a existencia doutras fontes de información sobre a materia en Internet, onde poderá ampliar os datos ofrecidos neste Sitio Web. Por todo iso, o CONSELLO XERAL DO NOTARIADO non será responsable do resultado obtido a través de ditas ligazóns hipertextuais.
Cando se poida acceder a páxinas Web de terceiros a través de buscadores ou ligazóns, o CONSELLO XERAL DO NOTARIADO actúa como prestador de servizos de intermediación de conformidade co artigo 17 da Lei 32/2002, do 12 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico e só será responsable dos contidos e servizos subministrados nos sitios enlazados na medida en que teña coñecemento efectivo da ilicitude e non desactivase a ligazón coa dilixencia debida.
En ningún caso a existencia de sitios enlazados debe presupor a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación do CONSELLO XERAL DO NOTARIADO coas manifestacións, contidos ou servizos provistos.
O CONSELLO XERAL DO NOTARIADO non coñece os contidos e servizos dos sitios enlazados e polo tanto non se fai responsable polos danos producidos pola ilicitude, calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro e inutilidade dos contidos e/ou servizos dos sitios enlazados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable ao CONSELLO XERAL DO NOTARIADO.
O CONSELLO XERAL DO NOTARIADO non se fai responsable pola utilización que o Usuario realice dos servizos do Sitio Web nin dos seus contrasinais, así como de calquera outro material do Sitio Web, infringindo os dereitos de propiedade intelectual ou industrial ou calquera outro dereito de terceiros.
O CONSELLO XERAL DO NOTARIADO non se fai responsable polos danos que poidan causarse nos equipos dos Usuarios por posibles virus informáticos contraídos polo Usuario a causa da súa navegación no Sitio Web, ou por calquera outros danos derivados desa navegación. Corresponde ao Usuario, en todo caso, dispor de ferramentas adecuadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños.
O CONSELLO XERAL DO NOTARIADO non ofrece ningunha garantía de ausencia de erros en ningún dos contidos do seu Sitio Web, ademais de non garantir a corrección de calquera defecto ou a ausencia de virus e demais compoñentes daniños no presente Sitio Web ou no seu Servidor.
O Usuario responderá fronte ao CONSELLO XERAL DO NOTARIADO de calquera danos e prexuízos que puideran causarse como consecuencia do incumprimento das condicións de uso do Sitio Web e demais obrigas establecidas no presente Aviso Legal.
8. Publicidade
Determinadas partes do Sitio Web poden albergar contidos publicitarios ou estar patrocinadas. Os anunciantes e patrocinadores son os únicos responsables de asegurarse que o material remitido para a súa inclusión no Sitio Web cumpre coas leis que en cada caso poidan ser de aplicación.
9. Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litigiosa ou que incumba ao Sitio Web rexe a lexislación española sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Sitio Web, os Xulgados e Tribunais de Madrid capital.