TERMOS E CONDICIÓNS 

 

Os termos e condicións de uso e acceso do presente Portal Notarial do Cidadán, que alberga a Sede Electrónica Notarial do CONSELLO XERAL DO NOTARIADO, son os seguintes:

 

1. Usuario

 

Enténdese por Usuario a persoa física que se rexistrou no Portal Notarial do Cidadán mediante o correspondente formulario de rexistro.

A utilización e acceso ao Portal Notarial do Cidadán e aos seus contidos atribúe a condición de Usuario do mesmo (en diante, o “Usuario”) e implica a aceptación de todas e cada unha das condicións aquí incluídas, na versión publicada no momento no que se acceda ao mesmo. O Usuario comprométese a facer un uso dilixente do Portal Notarial do Cidadán, de acordo coa Lei e coas presentes condicións.

O acceso ao Portal Notarial do Cidadán é gratuíto, agás no relativo ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións subministrada polo provedor de acceso contratado polo Usuario.

 

2. Descrición dos servizos 

 

Os servizos prestados polo CONSELLO XERAL DO NOTARIADO consisten en ofrecer aos Usuarios o acceso e uso gratuíto do Portal Notarial do Cidadán, a través do cal poden obter información sobre o seu contido e solicitar aos notarios diferentes servizos públicos a través da Sede Electrónica Notarial que alberga o portal.

O uso destes servizos requirirá que o Usuario estea rexistrado previamente no portal, e o Usuario quedará sometido ás condicións específicas establecidas para cada servizo notarial solicitado.

 

3. Sistemas de acceso ao portal

 

Os sistemas de identificación para o acceso ao portal que poden empregar os Usuarios rexistrados son os seguintes:

  • Credenciais: identificador / contrasinal (login/password) indicados no proceso de rexistro.
  • Certificados cualificados (admítense todos os certificados cualificados emitidos por entidades incluídas na TSL europea).
  • Cl@ve PIN da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

 

4. Rexistro no portal 

 

O Usuario poderá rexistrarse no Portal Notarial do Cidadán, sendo obrigatorio para dito rexistro ser maior de idade. Para iso deberá introducir os datos persoais de contacto, facilitando toda a información indicada como obrigatoria. Dita información deberá ser actual, completa e veraz, e deberá manterse actualizada durante todo o uso do portal, sendo responsable da información falsa ou inexacta que proporcione e dos prexuízos que cause ao CONSELLO XERAL DO NOTARIADO.

O uso do contrasinal, ou doutro medio de identificación, para o acceso ao portal é persoal e intransferible. O Usuario será responsable de manter a confidencialidade da súa conta e de todas as transaccións realizadas desde a mesma. O Usuario comprométese a non facilitar o contrasinal a terceiras persoas e a adoptar todas as medidas necesarias para mantelo en segredo. O Usuario é o único e exclusivo responsable da súa custodia e da utilización, autorizada ou non, por terceiras persoas.

O Usuario queda informado de que o acceso ao portal utilizando a identidade ou o contrasinal doutro Usuario, así como a obtención, uso ou difusión de datos persoais doutros usuarios, pode constituír unha infracción legal e, eventualmente, penal.

A condición de Usuario rexistrado permite unicamente a navegación polo portal.

 

a. Área privada “Perfil do Usuario”

 

O Usuario rexistrado poderá acceder á área privada “Perfil do Usuario” para xestionar calquera cambio da información comunicada ao CONSELLO XERAL DO NOTARIADO, así como das súas comunicacións co mesmo.

O acceso á área privada “Perfil do Usuario” require o rexistro previo do Usuario.

 

b. Baixa de Usuario

 

O Usuario rexistrado poderá, en calquera momento, darse de baixa como Usuario do portal a través da área privada “Perfil do Usuario”, debendo marcar a correspondente casa “Desexo darme de baixa deste portal”.

Sen prexuízo do anterior, o CONSELLO XERAL DO NOTARIADO poderá dar de baixa a un Usuario rexistrado en calquera momento cando teña coñecemento de que fixo un uso indebido do portal ou incumpriu as súas obrigas como Usuario, e o considere necesario para o bo funcionamento do portal.

 

5. Perfil de “Usuario acreditado” 

 

Para que o Usuario rexistrado poida realizar as accións ou trámites dispoñibles no portal ou na súa Sede Electrónica Notarial, agás a elección de notario para o asesoramento de operacións de crédito inmobiliario, o Usuario deberá identificarse de forma acreditada utilizando os seguintes sistemas de acreditación:

  1. Credencial notarial, que deberá obter acudindo persoalmente ante un notario.
  2. Certificados cualificados (admítense todos os certificados cualificados emitidos por entidades incluídas na TSL europea).
  3. Cl@ve PIN da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

6. Obrigas do Usuario

 

O Usuario comprométese a cumprir as seguintes obrigas:

  • Acceder e utilizar o Portal Notarial do Cidadán de conformidade coa Lei, as condicións de acceso e uso, así como a moral e os bos costumes xeralmente aceptados.
  • Non utilizar o portal con fins ilícitos nin que poidan prexudicar os dereitos de terceiros.

7. Responsabilidade do Usuario

 

O Usuario responderá de calquera dano ou prexuízo que o CONSELLO XERAL DO NOTARIADO ou o colectivo notarial poidan sufrir como consecuencia do incumprimento das condicións de acceso e uso do Portal Notarial do Cidadán.

8. Exención de responsabilidade do CONSELLO XERAL DO NOTARIADO

 

9. Lei aplicable e xurisdición

 

Para toda cuestión litigiosa relacionada co Portal Notarial do Cidadán será de aplicación a lexislación española, sendo competentes os Xulgados e Tribunais da cidade de Madrid.